Equipo Humano

Tiven a sorte de nacer e vivir no estranxeiro, o que fixo posible simultanear a adquisición de tres linguas desde a infancia sen esforzo.

Moi pronto xurdiu a posibilidade de dar clase a compañeiros de instituto con dificultades de aprendizaxe e así, fun consciente da miña temperá vocación polo ensino.

Un par de anos máis tarde comezaría a traballar como profesora nunha academia, e é a partir dese momento, cando tanto o meu itinerario formativo como profesional oriéntanse cara aos idiomas como ferramenta de traballo. ¡Diso hai 27 anos xa!

Traballei como formadora, tradutora, intérprete, secretaria de dirección, export manager, consultora de comercio exterior y, técnico de programación e operacións.

Todos os labores desempeñados durante estes anos foron enriquecendo os meus coñecementos, en xeral, e contribuíron á incorporación de vocabulario específico de ámbitos profesionais diversos como: alimentación, iluminación, decoración, comercial, económico, construción, xoiería, aeronáutico-aeroportuario, etc.

Chegou o momento de plasmar o meu proxecto educativo, fusionar vocación e profesión, e pór á vosa disposición os coñecementos adquiridos.

Un saúdo

Toni Rivas Otero

Formación

Licenciada en Filoloxía Xermánica – Especialidade Inglés na U.S.C
Inglés con fins profesionais: económico, xurídico e informático na U.N.E.D.
Técnico en Comercio Exterior na Confederación de Empresarios da Coruña
Formador Ocupacional na Confederación de Empresarios de A Coruña (C.E.C.)
Certificado de Aptitude Pedagóxica (C.A.P.) no Instituto de Ciencias da Educación
Azafata de Congresos na Conselleria de Familia, Muller e Xuventude
Inglés na Escola Oficial de Idiomas (E.O.I.)
Alemán na Escola Oficial de Idiomas (E.O.I.)
Inglés: Técnicas de Xestión Comercial de U.X.T.
Curso de Inglés Comercial en A.I.E.S.E.C.
Curso de Inglés como Lingua Estranxeira (Nivel Avanzado) en University College of London

Idiomas

Inglés
(Dominio avanzado falado e escrito)

Alemán
(Dominio avanzado falado e escrito)

Galego
(Dominio avanzado falado e escrito)

Portugués
(Dominio intermedio falado e escrito)

Lingua de signos