Inglés para mozos (12 a 18 anos)

Esta actividade vai dirixida a todos os alumnos tanto para aqueles que queren mellorar os seus coñecementos como para aqueles que precisan de reforzo ou axuda complementaria para superar os seus exames.

Inglés para mozos de 12 a 18 anos, estimulando a comunicación e a comprensión de maneira espontánea

A actividade vai dirixida a alumnos de: Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional, Alumnos da E.O.I., F.P., Acceso a ciclos… que por un motivo ou outro necesiten mellorar o seu nivel de inglés.

O coñecemento do inglés segue sendo un trazo diferenciador que determina en gran medida o futuro laboral. Ata hai pouco estudar ou falar inglés era unha opción pero a día de hoxe converteuse nunha necesidade.

En Aula-Abierta traballamos as catro destrezas lingüísticas, axudámosche a superar os teus exames e incorporar o inglés de maneira progresiva.

A clase presencial compleméntase con reforzo en liña mediante exercicios programados que o alumno poderá realizar no seu domicilio con supervisión vía e-mail e/ou videoconferencia.

Tarifa mensual “Inglés para mozos”

40€ 1 hora semanal
55€ 2 horas semanais
Inclúe 1 hora de reforzo online

Forma de pago: en efectivo os cinco primeiros días de cada mes.

Aula-Abierta a academia de inglés para mozos de 12 a 18 anos en Perillo Oleiros